Pásate pola biblio no recreo





Na biblioteca do Mestre Landín este curso temos algunhas novidades: recuperamos os pufs no espazo de lectura relaxada, creamos un espazo creativo e incluso hai un teatriño de títeres.

Podes achegarte a estudiar ou a facer tarefas, a xogar ao xadrez, ás damas e a outros xogos de mesa, a ler libros e revistas en formato papel e en formato dixital e, incluso, a algún obradoiro no espazo creativo.

E, por suposto, facemos prestamos de libros, recomendacións lectoras e temos un grupo de voluntarios. 

Contamos contigo!



Comentarios

Entradas populares