A BIBLIOTECA NUN TWEET
O vindeiro luns 24 de outubro celébrase o día das BIBLIOTECAS. Eses espazos que tanto nos dan, que son refuxio e liberdade á vez. Que nos permiten soñar e ao mesmo tempo atoparnos coa realidade. A biblioteca é a casa de todos, pero tamén é o fogar dos libros: eses pequenos e grandes amigos que "conteñen os soños, as paixóns, os medos, as risas." Sen eles a humanidade empobrecería. Os libros son "ríos de palabras que se nos ofrecen con xenerosidade para axudarnos a aprender o oficio de vivir, para cambiarnos a vida e implicármonos na transformación do mundo."



Comentarios
Publicar un comentario