AS FILIGRANAS DA BIBLIOTECA
No ML
quixemos este ano dar un pasiño máis na mellora e acondicionamento da nosa
biblioteca. Creouse un espazo para xogos ademais do de lectura relaxada que xa
existía desde o curso pasado.
Pero o máis
novidoso foi a sinalización do espazo que corresponde a cada unha das materias
para poder atopar o que se busca de maneira rápida e cómoda. Foi un proxecto
moi traballado con ilusión polo alumnado do centro e que xurdiu dende o
departamento de Educación Plástica e Audiovisual a petición da coordinadora do
equipo da biblioteca: a técnica chámase “filigranas” e o resultado é
espectacular, como se aprecia nas fotografías.
Queremos
agradecer especialmente a dúas alumnas de 4º, Laura García Pastoriza e Alba
Sanmartín Carregal a súa dedicación e implicación neste proxecto, e resaltar que este magnífico traballo é
froito da colaboración dos diferentes departamentos do noso centro. Aquí podedes observar cada un dos carteis con detalle.
Comentarios
Publicar un comentario