Un saúdo
Comezamos aquí a nosa andaina neste mundo dixital; agardamos ter moitas visitas virtuais pero tamén queremos recibirvos no recuncho dos libros, a biblioteca, que agora ten este pequeno irmán: un blogue. O CATAVENTOS vaina proxectar máis alá do noso centro.
Unha frase que seguro coñecedes di que "hai vida máis alá do Mestre Landín"; certo é: na biblioteca podedes comprobar que existen ideas, ilusións, tristezas, historias... que merece a pena coñecer. Agora esperamos que o Cataventos vos indique como chegar ata ela. Seguídeo e atoparedes novos camiños que percorrer, cara ó norte, cara ó sur, cara ó leste, cara ó oeste... comprobaredes que o mundo está cheo de libros e que neles tedes os mellores amigos.
Comentarios
Publicar un comentario