jueves, 23 de marzo de 2017

EDUCACIÓN RESPONSABLE

   
     O noso instituto está a participar este ano no programa: Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade que convoca a Dirección Xeral de Educación en colaboración coa Fundación Botín. 
     Este programa promove a mellora da convivencia, centrado na aplicación didáctica, dentro das áreas curriculares, dunha serie de recursos de educación emocional, social e creativa.
     En 2º de ESO,  nas áreas de lengua castellana e francés, estivemos a traballar as emocións na literatura a través da poesía de Miguel Hernández. Foi moi interesante e os alumnos e alumnas realizaron diversas actividades que lles fixeron sentir a poesía. 
     Unha destas actividades consistía en publicar nun tweet os versos de Miguel Hernández que máis lles gustaron. Aquí vos deixo algunhas mostras e convídovos a que fagades comentarios sobre os sentimentos que estes versos vos producen ou, incluso, que fagades retweets ou pinchedes no Me gusta.


     Descubride a poesía: vaivos sorprender!









No hay comentarios:

Publicar un comentario